NOVAS

GALA SAN ELOI 2018

CELEBRACIÓN DA GALA DE SAN ELOI 2018

Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, celebraron o domingo 2 de decembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, en Teo (Pazo de Adrán). Ver álbum de fotos aquí.

Este encontro, no que se conmemora un día moi sinalado para o sector, constitúe unha oportunidade para o recoñecemento público de profesionais e personalidades a través da entrega das Seguetas de Prata e Ouro.

Este ano as Seguetas de Prata por toda unha vida entregados á xoiaría concedéronse a:

D. Hermesindo José Mosquera Fernández  (Joyería Hema - Cangas). Fixeron a entrega da segueta, Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e da Federación.

 

 Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e da Federación), Hermesindo J. Mosquera e Elena Fabeiro (xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño).

 - D. Pedro Villar Alonso (Relojería Villar - A Pobra de Trives). Fixeron a entrega da segueta, María Eugenia Pérez, Subdirectora Xeral de Formación Profesional, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e da Federación.

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e Federación), Pedro Villar Alonso eMaría Eugenia Pérez (Subdirectora Xeral de Formación Profesional).

 

Segueta de Ouro, pola súa especial traxectoria como empresario do sector, entregouse á empresa César Blanco Fidalgo, S.A., na persoa do seu fundador, César Blanco Fidalgo, unha persoa comprometida coa profesión e co sector. Foi Presidente da Asociación de Maioristas de Xoiaría de Galicia e membro da Xunta Directiva da Federación. E a súa empresa integrouse e colaborou co Grupo Plaza Galicia na promoción da xoiaría galega.

César Blanco iniciouse no mundo da xoiaría como representante de comercio da firma Hermanos Pérez Fidalgo e posteriormente estableceuse pola súa conta constituíndo a actual sociedade César Blanco Fidalgo, S.A. Os seus comerciais percorreron a xeografía de España sendo unha das referencias do comercio polo maior da xoiaría na nosa comunidade. 

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente da Federación Galega e de Coxga), César Blanco Fidalgo e Sol María Vázquez (Directora Xeral de Comercio).

Pola súa parte, a Federación Galega de Xoieiros distinguiu coas insignias de prata da Federación a tres profesionais, en recoñecemento ó seu traballo.

Así, este ano, impuxo a insignia a:

- D. José Antonio Refojo Díaz (Joyería Refojo - Lugo). Representa unha das firmas xoieiras con máis tradición na cidade de Lugo. Foi Presidente do Gremio Provincial de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros de A Coruña, participou na Asemblea Constituínte da Federación Galega de Xoieiros e foi membro da Xunta Directiva da Federación ata o ano 1992. 

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente da Federación Galega e de Coxga) e José Antonio Refojo Díaz.

 

- D. Antonio Rama Duro (engastador de A Coruña), ou, Toñito Rama, como o chaman os profesionais do sector. Unha persoa sempre involucrada e preocupada por resolver os problema da xoiaría na súa cidade durante practicamente 30 anos. Durante a súa longa vida profesional formou parte da Xunta Directiva do Gremio Provincial de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros de A Coruña, estando sempre disposto a traballar polo sector. 

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente da Federación Galega e de Coxga) e Antonio Rama Duro.

 

- D. Ricardo Rivas Casal (Santiago de Compostela). Participou activamente durante moitos anos na Asociación de Ourives de Compostela, dende onde traballou para conseguir a formación de novos artesáns. E hoxe en día segue traballando de modo artesanal para manter viva a tradición do sector.

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente Coxga) e Ricardo Rivas Casal.

 

 

No transcurso da gala presentouse a Campaña de Nadal para o ano 2018 que co lema "Este Nadal, XOIARÍA" estará presente en radio e online e tamén nos establecementos colaboradores da campaña.

O acto presidido por D. Óscar Rodríguez Blanco (presidente Coxga) contou coa presencia, entre outras autoridades, da Directora Xeral de Comercio, a Xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, o Director da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela,a Subdirectora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia e con representación de Galicia Calidade.

 

 

GALA DA XOIARÍA GALEGA 2018

 

 

 

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros celebran o domingo 2 de decembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, en Teo.

Esta cita, ademáis de conmemorar un día moi sinalado para o sector constitúe un punto de encontro que permite ós profesionais da xoiaría procedentes de toda a xeografía galega compartir un día entrañable e estreitar lazos de amizade.

Os actos de celebración da Gala desenrolaranse no Pazo de Adrán (Teo). No curso da mesma, procederase á presentación da campaña de publicidade do Colexio para o Nadal  2.018 e rendirase unha cariñosa e especial homenaxe a diversos profesionais.

Dentro do apartado de colexiados, entregaranse as Seguetas de prata por toda a súa vida dedicada á xoiaría a:

D. Senén Rodríguez Martínez (Joyería  Senén - Lugo)

- D. Hermesindo José Mosquera Fernández (Joyería Hema - Cangas)

- D. Pedro Villar Alonso (Relojería Villar - A Proba de Trives)


Segueta de ouro entregarase este ano, pola súa especial traxectoria como empresario do sector, a César Blanco FidalgoS.A. (Ourense) na persoa do seu fundador.

E, pola súa parte, a Federación fará entrega das insignias de prata da Federación Galega de Xoieiros ó engastador coruñés D. Antonio Rama Duro, ó ourive compostelán D. Ricardo Rivas Casal e ó empresario lucense D. José Antonio Refojo Díaz.

 

O acto presidido por D. Óscar Rodríguez Blanco contará coa presencia, entre outras autoridades,da Directora Xeral de Comercio, a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, o Comisario Xefe da Policía Nacional de Santiago de Compostela, o Capitán Xefe da Garda Civil de Santiago de Compostela, o Director da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, o escultor Ramón Conde e a Subdirectora Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas da Xunta de Galicia.

 

Contacto:

FEDERACIÓN GALEGA DE XOIEIROS, PLATEIROS E RELOXEIROS
LAVERDE RUIZ Nº 6  ENTREP.
15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA

administracion@fgxoieiros.es

Teléfono: 981597567

¿Quere facerse socio?

Se quere formar parte desta Federación, contacte a través do formulario.

 

O noso horario de atención:

De 9:00-14,00 h.

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© FEDERACIÓN GALEGA DE XOIEIROS, PLATEIROS E RELOXEIROS