Novas sobre promoción internacional

 

En materia de promoción exterior, varios profesionais da xoiaría galega participarán na feira Bijorhca (París) que se celebrará do 5 ao 7 de Setembro.

 

Os fabricantes galegos que exporán os seus produtos en Bijorhca son:

- Silvereira (Teo)

- Rosa Méndez (Teo)

- Joyas de Papel (Nigrán)

- Katuxa Platero Joyas (Santiago  de Compostela)

- Le Carré (A Coruña)

- Titamilu (Santiago de Compostela)

Agardamos que sexa unha boa feira para os seis e que sigan consolidando novos clientes.

Esta Federación participa no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016.

Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016.Como apoio ao proceso de internacionalización, a Federación Galega de Xoieiros, Plateiros e Reloxeiros, ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3"Conseguir un tecido empresarial máis competitivo"

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa.

O obxectivo principal do Programa Exporta Organismos Intermedios 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internancionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais."

 

 

Cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Igape e Xunta de Galicia CATÁLOGO DE XOIARÍA GALEGA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ELABORACIÓN DE CATÁLOGOS PROMOCIONAIS DA XOIERIA GALEGA NO EXTERIOR.

 

 

Cinco empresas pertencentes á Federación Galega de Xoieiros, e respresentativas da xoiería galega, coa colaboración do Igape e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a Xunta de Galicia, elaboraron un catálogo para favorecer a internacionalizacion das empresas e para facilitar a súa distribución por feiras internacionais, Vicenza Oro, Inhorgenta, Basel e Hong Kong e JCK Las Vegas. Estes catálogos recollen unha mostra representativa da actual Xoiería Galega onde conviven a alta xoiería, a tradición da orfebrería, e novas liñas de Xoiería en prata.

O catálogo integrado por cinco separatas adicadas cada unha delas a unha das empresas participantes no proxecto, están integradas formando un conxunto mediante un faxín alusivo á Xoiería Galega, elaborado en materiais de alta calidade cunha magnífica fotografía que tentan transmitir o concepto das pezas elaboradas, achegando as mesmas aos profesionais que visitan estas feiras, así como tamén a representantes radicados en diversos países da Unión Europea e de países americanos.

 

Esta Federación participa no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016.Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016.Como apoio ao proceso de internacionalización, a Federación Galega de Xoieiros, Plateiros e Reloxeiros, ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3"Conseguir un tecido empresarial máis competitivo"

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa.

O obxectivo principal do Programa Exporta Organismos Intermedios 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internancionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais."

 

 

 

Contacto:

FEDERACIÓN GALEGA DE XOIEIROS, PLATEIROS E RELOXEIROS
LAVERDE RUIZ Nº 6  ENTREP.
15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA

administracion@fgxoieiros.es

Teléfono: 981597567

¿Quere facerse socio?

Se quere formar parte desta Federación, contacte a través do formulario.

 

O noso horario de atención:

De 9:00-14,00 h.

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© FEDERACIÓN GALEGA DE XOIEIROS, PLATEIROS E RELOXEIROS