03/06/2022
A cidade de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres 3 de xuño a celebración da Xornada Técnica de Xoi [...]
03/06/2022
Xornada Técnica de Xoiaría: A regulación de obxectos fabricados con metais precioso
12/5/2022
A Federación Galega de Xoiaría, en colaboración coa Confederación de Xoiaría de España e a Xunta de Galicia, organiza a
Xornada Técnica de Xoiaría &q [...]
Inscrición aquí.
Programa aquí.
O II Congreso Nacional de Xoiaría de España é a continuación da primeira edición dun evento deste tipo hai 31 anos, e que tamén se celebrou en Córdoba.
Celebrarase os días 28 e 29 de setembro e poderase participar tanto de forma presencial como virtual, o que implica unha maior difusión e posibilidades de participación nos debates sobre temas que resultan claves para a Confederación de Xoiaría de España (coorganizadora do evento e da que forma parte o Coxga), como a Lei de Metais Preciosos, as novas formas de fabricación, o mercado postCovid, a transición dixital, as tendencias en deseño 2022 - 2023, a formación e/ou a dignificación do sector.
A axenda contará con profesionais de primeiro nivel e pechará coa ponencia "Vender como cracks" de Víctor Küppers, famoso conferenciante que animou en múltiples ocasións ao equipo humano de multinacionais e grandes grupos.
A inscrición (presencial e virtual) é totalmente gratuíta pero é preciso formalizar a mesma a través da web do Congreso: www.congresonacionaldejoyeria.com.
Animámoste a participar neste Congreso, o punto de partida para conseguir un sector máis forte e unido.