Novas 

O Coxga e a Federación Galega de Xoiaría lanzan unha serie de videopodcasts sobre o impacto das xoias en diferentes ámbitos - Eventos de verán

6/6/2023

 

 

O proxecto denominado “Maridaxe con xoias” estará dispoñible nas súas redes sociais onde se poderá acceder a contido exclusivo da man de profesionais de sectores como a moda, a estética e a cultura.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023. O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), en colaboración coa Federación Galega de Xoiaría mostra a importancia das xoias en diversos planos da sociedade a través dun formato innovador como o videopodcast e tendo como protagonistas a persoas especialistas en diferentes áreas.
“Maridaxe con xoias” é o nome desta serie de capítulos que descobren as características únicas deste complemento para cada ocasión.

A xoia aparece como elemento clave no cine, na literatura e na nosa vida cotiá. Para cada ocasión, existe unha especial e en cada ámbito ten un papel diferente. O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia aposta por figuras do panorama galego para trasladar esta mensaxe.

A xornalista Luisa López estará acompañada cada semana de diferentes persoas que darán o seu punto de vista sobre a xoiaría dende o seu terreo profesional. Entre os convidados atópase un estilista, unha modelo e unha experta en coidado estético ademais doutros que sorprenderán co seu vencello ao mundo da xoiaría. Establécese así unha visión transcendental deste grazas a labor do Coxga.
“Maridaxe con xoias” está dispoñible en Youtube, Vimeo e tamén na páxina web da Federación e na páxina web do Colexio. Ademáis, tamén se compartirán os mellores momentos nas redes sociais (Instagram e Facebook).

Preme na imaxe que aparece a continuación para ver os diferentes capítulos do videopodcast que aspira a converterse nun referente sobre xoiaría nos eventos: "Maridaxe con xoias".

 

 

Título de Grao en Deseño de Produto en Xoiaría e Complementos

12/5/2023

 

 

 

 

 

 

A partir do próximo curso o alumnado que se matricule no título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores na especialidade de Deseño de Produto poderá seguir o itinerario xeral, que xa estaba implantado, ou ben especializarse a través do novo itinerario de Xoiaría e Complementos.

O Diario Oficial de Galicia publicou o DECRETO 41/2023, do 20 de abril, polo que se modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, e que establece dous itinerarios dentro do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto.

O Decreto establece o novo plan de estudos de Deseño de Produto, e ofrece aos estudantes a posibilidade de escoller entre os itinerarios:

  • “Xeral”
  • “Xoiaría e complementos”

O 1º curso dos catro necesarios para completar os estudos conducentes ao título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto será común para ambos itinerarios. Será a partir de 2º e até o 4º curso cando o alumnado realizará un ou outro itinerario en función da súa elección e das prazas dispoñibles -12 para o itinerario “Xeral”; e 15 para o itinerario de “Xoiaría e Complementos”-.

Cadro lectivo: 1º curso de Produto
Itin.: común (Xe./XC)
             
Materia  Disciplina  Carácter  Tipo  Horas
clase/semana
Horas
clase/curso
Créditos
ECTS
Linguaxes e Técnicas de
Representación e Comunicación
Debuxo Artístico  F.B.  T.P.  5 180 10
Volume F.B.  T.P.  4 144 8
Sistemas de representación F.B.  T.P.  2 72 6
Tecnoloxía Dixital F.B.  T.P.  3 108 6
Fundamentos do Deseño Fundamentos de Deseño F.B.  T.P.  2 72 4
Deseño Básico F.B.  T.P.  3 108 8
Historia das Artes e do Deseño Historia das Artes e do Deseño F.B.  T. 3 108 6
Ciencia aplicada ao Deseño Ciencia aplicada ao Deseño F.B.  T. 2 72 6
Proxectos de Produtos e de Sistemas Debuxo Técnico Aplicado ao Deseño de Produtos O.E. T.P.  3 108 6
  Totais 27 972 60
             
Cadro lectivo: 2º curso de Produto
             
Materia  Disciplina  Carácter  Tipo  Horas
clase/semana
Horas
clase/curso
Créditos
ECTS
Itinerario común (Xe./XC)
Proxectos de Produtos e Sistemas  Ergonomía e Antropometría  O.E.  T.  2 72 4
Historia do Deseño de Produto  Historia do Deseño Industrial  O.E.  T.  2 72 4
Materiais e Tecnoloxía Aplicados ao
Deseño de Produtos
Deseño Gráfico Aplicado aos Produtos  O.E.  T.P.  3 108 6
Materiais I  O.E.  T.  2 72 4
Tecnoloxía Dixital Aplicada  O.E.  T.P.  4 144 8
Xestión do Deseño de Produto  Mercadotecnia  O.E.  T.  2 72 4
Optativas  Optativa  Op.  ----  2 72 6
Itinerario: xeral (Xe.)
Proxectos de Produtos e de
Sistemas
Modelos e Prototipos I  O.E.  T.P.  5 180 8
Proxectos de Deseño de Produto I  O.E.  T.P.  6 216 16
Itinerario: xoiaría e complementos (XC)
Proxectos de Produtos e de
Sistemas
Técnicas de Produción I  O.E.  T.P.  5 180 8
Procesos de Deseño de Xoiaría e
Complementos I 
O.E.  T.P.  6 216 16
  Totais 28 1008 60
             
Cadro lectivo: 3º curso de Produto
             
Materia  Disciplina  Carácter  Tipo  Horas
clase/semana
Horas
clase/curso
Créditos
ECTS
Itinerario: común (Xe./XC)
Xestión do Deseño  Organización e Lexislación  F.B.  T.  2 72 4
Xestión do Deseño de Produto  Oficina Técnica: Organización Industrial
e de Calidade 
O.E.  T.  2 72 4
Proxectos de Envases e
Embalaxes 
Envases e Embalaxes  O.E.  T.P.  2 72 8
Cultura do Deseño  Cultura do Deseño  F.B.  T.  2 72 6
Optativas  Optativa  Op.  ----  2 72 6
Itinerario: xeral (Xe.)
Proxectos de Produtos e de
Sistemas
Modelos e Prototipos II  O.E.  T.P.  7 252 10
Proxectos de Deseño de Produto II  O.E.  T.P.  10 360 18
Materiais e Tecnoloxía Aplicados ao
Deseño de Produtos 
Materiais II: Xeral  O.E.  T.  2 72 4
Itinerario: xoiaría e complementos (XC)
Proxectos de Produtos e de
Sistemas
Técnicas de Produción II  O.E.  T.P.  7 252 10
Procesos de Deseño de Xoiaría e
Complementos II 
O.E.  T.P.  10 360 18
Materiais e Tecnoloxía Aplicados ao
Deseño de Produtos 
Materiais II: Xoiaría e Complementos  O.E.  T.  2 72 4
  Totais 29 1.044 60
             
Cadro lectivo: 4º curso de Produto
             
Materia  Disciplina  Carácter  Tipo  Horas
clase/semana
Horas
clase/curso
Créditos
ECTS
Itinerario común (Xe./XC)
Xestión do Deseño de Produto  Prácticas Externas (PE)  O.E.  P.  -----  -----  12
Proxectos de Produtos e de
Sistemas
Traballo de Fin de Estudos (TFE)  O.E.  T.P.  -----  72 18
Equipamento Persoal  O.E.  T.P.  4 72 6
Optativas  Optativa  Op.  -----  4 72 6
Itinerario: xeral (Xe.)
Proxectos de Produtos e de
Sistemas
Proxectos de Deseño de Produtos III  O.E.  T.P.  8 144 12
Equipamento de Espazos  O.E.  T.P.  4 72 6
Itinerario: xoiaría e complementos (XC)
Proxectos de Produtos e de
Sistemas
Procesos de Deseño de Xoiaría e
Complementos III 
O.E.  T.P.  8 144 12
Técnicas de Produción III  O.E.  T.P.  4 72 6
  Totais  20 432 60

 

 

 

 

 
O segredo para triunfar este outono, nas túas mans.
15/09/2022
 

O segredo para triunfar este outono, está nas túas mans.

Regala Xoiaría. Regálate Xoiaría.

No teu barrio, sempre preto de ti para ofrecerche o mellor asesoramento e experiencia de compra. Garantía dun profesional colexiado.

Federación Galega de Xoieiros. Colabora Xunta de Galicia

 

Preme a continuación para escoitar a cuña de radio da campaña de outono 2022:

 Cuña de radio campaña outono 2022

 

 

 
 

Conclusións da Xornada Técnica de Xoiaría: A regulación de obxectos fabricados con metais preciosos

06/06/2022

 

 

 

 

A cidade de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres 3 de xuño a celebración da Xornada Técnica de Xoiaría: “A regulación de obxectos fabricados con metais preciosos”, organizada pola Federación Galega de Xoieiros, coa colaboración da Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Confederación de Xoiaría de España.

Medio centenar de empresas de diferentes puntos da xeografía española (fabricantes, comerciantes por xunto, retallistas e Laboratorios de Contraste) déronse cita para seguir profundando no proceso de reflexión aberto no II Congreso Nacional de Xoiaría celebrado en Córdoba o pasado ano, sobre a normativa que regula os obxectos fabricados con metais preciosos.

Trala inauguración da Xornada e a benvida aos asistentes do presidente da Federación Galega de Xoieiros, Óscar Rodríguez, arrancou o primeiro bloque da Xornada coas intervención de Federico Martínez, Director Comercial da Cámara Laboratorios Metroloxía de Madrid (CLM) e Luis Ortiz, Director do Laboratorio de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia, que foron os encargados de facer un repaso ao panorama lexislativo español e europeo (ausencia na UE dunha normativa harmonizada), sobre as esixencias para a comercialización dos obxectos fabricados con metais preciosos.

Na segunda parte da Xornada, Sol Vázquez, xerente do Instituto Galego de Consumo, recordou a importancia do contraste dos obxectos de metais preciosos como garantía do dereito dos consumidores a ter información dos produtos que chegan ás súas mans e José Carlos García Cumplido, avogado e secretario da Federación, foi o encargado de poñer sobre a mesa unha serie de preguntas e reflexións, que centraron o obxecto da Xornada e ás que se pretendeu dar resposta na mesa de debate que tivo lugar a continuación, na que estiveron representados fabricantes, maioristas, minoristas e Laboratorios do sector xoieiro.

Ao remate desta, o presidente da Federación Galega de Xoieiros fixo públicas as conclusións da Xornada, as cales constituirán a base para promover, ante o Ministerio de Industria, en colaboración coa Confederación da Xoiaría de España, a necesaria adecuación desta normativa ás novas técnicas e necesidades do mercado e que servirán, en definitiva, para garantir a necesaria información ao comprador, en especial ao consumidor, máis alá do contraste, para que en todo momento saiba o que compra e con iso o que pode agardar e debe de pagar polo obxecto fabricado con metais preciosos, quen llo garante e ante quen pode esixir dita garantía e a responsabilidade por non conformidade do produto.

A Xornada foi clausurada polo Director Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Manuel Heredia, quen destacou o compromiso e total disposición da Xunta de Galicia coa Federación Galega de Xoieiros e como interlocutora en materia normativa co Goberno Central.

                                                                            

CONCLUSIÓNS da Xornada Técnica de Xoiaría celebrada en Galicia o pasado venres 3 de xuño de 2022, baixo o título “A regulación de obxectos fabricados con metais preciosos”.

A xornada de traballo celebrada en Santiago de Compostela, que dou continuidade aos traballos iniciados no II Congreso da Xoiaría Española celebrado en Córdoba o pasado ano 2021, contou cunha magnífica representación, non só das organizacións do sector xoieiro español máis activas senón tamén da Administración, consumidores, Laboratorios, centros de formación, fabricantes, comerciantes por xunto e retallistas do sector xoieiro, quen puxeron de manifesto as diversas sensibilidades existentes sobre esta cuestión.

Como resumen desta Xornada, concluíuse que resulta necesario promover unha reforma da normativa que regula esta materia no sentido de:

1.- Dotar ao noso mercado de transparencia, garantindo non só a pureza do metal (lei) destes obxectos senón tamén a súa orixe e a súa trazabilidade.

2.- Dar seguridade xurídica aos consumidores e aos operadores do sector para que aqueles saiban o que mercan e estes o que poden ou non facer. Precisando os diversos conceptos que ofrecen a dúbidaon ou poden ser fonte de conflito (art. 9 e 11 da Lei, e art. 8, 9, 45, 46, 47, 54, 55, 67 e 68 do Regulamento)

3.- Autorizar novos métodos para analizar e determinar a composición dos obxectos fabricados con metais preciosos (art. 28, 29 e 30 do Regulamento) e para colocar as marcas de contraste (gravado por láser ou outras).

4.- Diferenciar claramente o proceso de importación e de identificación dos produtos importados xa terminados, fronte, non só aos fabricados en España, senón tamén fronte á importación de materias primas ou produtos semielaborados, incrementando a transparencia e trazabilidade no comercio destes produtos.

5.-Diferenciar claramente (mediante contraste, etiquetado e a nomenclatura) cando estamos ante un obxecto fabricado totalmente con metal precioso (contido homoxéneo), de aquel que o está só en parte. Dun produto que é totalmente de metal precioso doutro que non o é. Non se trata de limitar a iniciativa do deseñador ou do empresario fabricante, este de poder elixir a forma técnica a utilizar, os materiais a empregar, etc, pois asume o risco e ventura no mercado pola súa decisión. Trátase de empregar denominación claras e que non induzan a error, a confusión ou a engano (art. 58 e 59 do Regulamento)

6.- Clarificar a terminoloxía, a denominación, a forma de presentación ao público que debe utilizarse na comercialización de obxectos que estando elaborados con metais preciosos en parte conteñan metais non preciosos ou outros materiais recubertos por metal precioso, xa sexa por bañado, chapado, dourado, damasquinado, en particular o que refire ao resultado de técnicas de elaboración como o electroformado, con ou sen vaciado ou galvanizado (11.3 da Lei e art. 45.2, 58 do Regulamento).

7.- Prohibir expresión xenéricas como prata ou ouro de lei por xerar confusión e engano, pois non existe unha lei senón varias leis adecuando o actual Regulamento aos cambios operados na Lei.

8.- Crear un Rexistro Público accesible telemáticamente para calquera cidadán , onde deban de inscribirse as empresas que fabriquen ou importen obxectos fabricados con metal precioso, en definitiva, que comercialicen estos obxectos en España, no que se incluirían de forma obrigatoria:

- os fabricantes, importadores españois e as súas marcas de contraste

- os fabricantes e importadores de outros Estados da UE que acreditaran ante a autoridade dalgunha das Comunidades Autónomas de España ter rexistrado o contraste de orixe no seu Estado de procedencia e as súas marcas de contraste.

- os Laboratorios autorizados en España e as súas marcas de contraste

- os Laboratorios ou organismos independentes doutros países da UE recoñecidos ante a autoridade dunha Comunidade Autónoma de España e as súas marcas de contraste

- en especial, unha sección para dar publicidade aos acordos ou canxes de notas subscritos con terceiros Estados en relación con esta materia de obxectos fabricados con metais preciosos. Os fabricante de terceiros Estados que soliciten en España contraste de fabricante ou importador. Este rexistro disporá dunha sección para incluír Tratados, Convenios e Notas relativas a esta materia que subscriba España.

9.- Incrementar as obrigas de transparencia e trazabilidade das empresas importadoras de obxectos fabricados con metais preciosos, establecendo a información mínima e nas facturas (nome, domicilio social, CIF, e no seu caso, representante en España)

10.- Incrementar as obrigas de transparencia e trazabilidade das empresas que se adican á compravenda de obxectos fabricados con metais preciosos usados para a súa posterior comercialización. Debendo de coñecerse a orixe e trazabilidade destes obxectos (contraste de orixe e garantía).

11.- Clarificar as obrigas e responsabilidades dos fabricantes e importadores fronte ao consumidor e aos Laboratorios de Contraste, así como a de estes últimos fronte aos consumidores e aos fabricantes e comercializadores de produtos sometidos ao seu contraste.

12.- Promover que o Goberno impulse a aprobación da normativa comunitaria reguladora dos metais preciosos.

13.- Regular o contido mínimo das etiquetas substitutivas do contraste.

14.- Garantir, en definitiva, a necesaria información ao consumidor máis alá do contraste, para que en todo momento saiba o que compra e con iso o que pode agardar e debe pagar polo obxecto fabricado con metais preciosos, que llo garante e ante quen pode esixir dita garantía e a responsabilidade por non conformidade co produto.

 

  • 03/06/2022

 

Xornada Técnica de Xoiaría: A regulación de obxectos fabricados con metais preciosos

12/05/20522

 

 

 

Federación Galega de Xoiaría, en colaboración coa Confederación de Xoiaría de España e a Xunta de Galicia, organiza a Xornada Técnica de Xoiaría "A regulación de obxectos fabricados con metais preciosos", na que empresarios do sector de toda a xeografía española, terán a oportunidade de expoñer e compartir as súas inquedanzas e pareceres sobre a necesaria adecuación da normativa que regula a fabricación de obxectos con metais preciosos ás necesidades do mercado actual, ao obxecto de profundizar no debate e no proceso que se iniciaron no II Congreso Nacional de Xoiaría de España que tivo lugar o pasado mes de setembro en Córdoba.

Folla de inscrición aquí.

Descargar programa Xornada Ténica de Xoiaría aquí.

PONENCIAS II CONGRESO NACIONAL DE XOIARÍA

 

 

 

 

 

 

 

 

O pasado mes de setembro tivo lugar en Córdoba o II Congreso Nacional de Xoiaría. Se non te puideches conectar ou te perdeches algunha ponencia, non te preocupes, agora podes ver aquí as grabacións ,cando ti queiras. Pincha sobre a imaxe ou o título da ponencia para acceder:

 

 

Inauguración oficial

 

Lei metais preciosos

 

Presente e futuro no sector xoieiro

 

Os parques xoieiros como interface para o apoio á I+D+i

 

Medio ambiente, calidade, responsabilidade social e certificacións

 

Aproveitar a innovación dixital do Lonxano Oriente

va imagen con texto >>

A FEDERACIÓN GALEGA DE XOIEIROS E O COXGA PARTICIPARON NO II CONGRESO NACIONAL DE XOIARÍA.

 

O II Congreso Nacional de Xoiaría, organizado pola Asociación de Xoieiros de Córdoba, co apoio da Confederación de Xoiaría de España e a colaboración do Instituto Provincial de Desenrolo Económico da Diputación de Córdoba (IPRODECO) e a Cátedra de Xoiaría da Universidade de Córdoba, desenrolouse en Córdoba os días 28 e 29 de setembro, en formato presencial e virtual, o que facilitou que máis persoas puideran seguir as ponencias programadas.

O Coxga e a Federación Galega de Xoieiros estiveron presentes neste encontro, tanto de maneira presencial, coa participación de Óscar Rodríguez Blanco e de José Carlos García Cumplido, presidente e asesor xurídico do Coxga, respectivamente, como de maneira virtual, con un bo número de profesionais que seguiron as ponencias dende a distancia.

Inauguraron o encontro Dolores Amo, vicepresidenta primeira e deputada de Desarrollo Económico da Diputación de Córdoba, Milagrosa Gómez, presidenta da Asociación de Joyeros San Eloy de CórdobaÁngel Herrador e Rafaela Valenzuela, delegado territorial de Empleo, Formación y Trabajo Autónomo y Economía de la Junta de Córdoba y Subdelegada del Gobierno en Córdoba, respectivamente.

A primeira ponencia, A Lei de Metais Preciosos, contou coa presenza de Ramón Herrero ArbizuSubdirector General de Áreas y Programas Industriales del Ministerio de Industria, Comercio y TurismoIgnacio Cáceres Armendáriz, xefe do Servicio de Industria de la Secretaría General de Industria y Minas de la Consejería de Transformación Económica, Industria, Conocimiento y Universidades de la Junta de Andalucía, e José Carlos García Cumplidoasesor xurídico do Coxga.

José Carlos García Cumplido formulou algunhas preguntas e reflexións que puxeron de manifesto que a normativa non é clara nin precisa, non se aplica de forma homoxénea en todo o territorio español e non todos os Laboratorios aplican os mesmos criterios para contrastar os obxectos fabricados con metais preciosos.

Pola súa parte, Ignacio Cáceres Armendáriz, expresou o problema que supón tanto para o sector como para a Administración, tanto a antigüidade da norma como a falta de precisión da mesma e tendeu a man ao Ministerio de Industria para colaborar na revisión da mesma, se finalmente se decide levar a cabo.

O representante do Ministerio de Industria, partidario da revisión, engadíu unha problemática tamén complexa como é a falta dunha lexislación homoxeneizada na Unión Europea.

Na segunda xornada, resultaron especialmente interesantes as intervencións das ponentes Mei Chen, responsable de moda en Reino Unido, países nórdicos e Iberia para Alibaba Group Paola de Luca, directora de Trendvision (Trendbook).

Mei Chen destacou o rápido crecemento do comercio online en China e a gran importancia do livestreaming como nova canle de venda para facer prosperar os negocios, xa que permite unha comunicación bidireccional e interactiva, onde se escoita e valora o que o consumidor quere dicir.

Tamén fixo referencia a un novo concepto, “phygital”, a integración entre a parte física e a dixital, para a venda de produtos de luxo.

Pola súa parte, Paola de Luca destacou a importancia de coñecer ao cliente para planificar a producción ou a compra a proveedores (“a información é poder”) e revelou algunhas das tendencias que guiarán a produción de xoias nos próximos anos, entre as que destacou  o valor emocional, a xoiaría circular e sostible, a natureza e a textura orgánica, o asimétrico, o diferente, as xoias únicas e artesanas. E puxo especial atención na xoiaría para homes, que cada vez compran máis xoias, con pedras preciosas ou semipreciosas.

Rematou o Congreso coa ponencia “Vender como cracks” de Víctor Küppers, experto en motivación e desenrolo persoal, que deu as pautas para ter a mellor actitude posible, superar situación difíciles e motivarse a nivel persoal e profesional.

Por último, Milagrosa Gómez, presidenta da Asociación de Joyeros San Eloy de Córdoba clausurou o Congreso con gran éxito de participación, e indicou que se redactará un documento de conclusións que se fará chegar ás Administracións Públicas para que realicen as accións que conduzan a que o sector xoieiro sexa un dos sectores estratéxicos de España.

 

                                         

A Confederación segue dando pasos firmes

 

 

 

A Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría continúa traballando e dando pasos firmes hacia o seu obxectivo: “elevar o nivel das súas actividades productivas e comerciais de forma sostible e equilibrada, permitindo o seu desenrolo empresarial e económico, e configurándoo como un dos sectores estratéxicos de España".

  • 05/06/2020

Así, tras a boa sintonía dos encontros mantidos a semana pasada co Servizo Público de Emprego Estatatal (SEPE), que recoñeceu oficialmente á Confederación como representante sectorial da xoiaría en España, e co Delegado do Goberno da Xunta de Andalucía en Córdoba, que amosou o seu apoio á realización dun Congreso Internacional de Xoiaría, onte, membros da Confederación mantiveron unha reunión virtual co conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde e coa directora xeral de Comercio e Consumo, Sol María Vázquez Abeal.

Abriuse o encontro cunha presentación e explicación dos obxectivos esenciais da Confederación por parte dos membros da mesma, entre os que destacamos a participación de Óscar Rodríguez, presidente do COXGA e da Federación Galega de Xoieiros, e de José Carlos García Cumplido, asesor xurídico do COXGA.

No transcurso da reunión, os membros da Confederación transladaron ó conselleiro as demandas do sector e as medidas sobre as que consideran necesario traballar e que se articulan en seis grandes bloques:

1.- Transformación tecnolóxica do sector

2.- Creación dunha campaña para a incentivación do consumo nacional de xoiaría en xeral

3.- Cadea de suministro: identificar as vantaxes competitivas do sector nas diferentes rexións

4.- Novas tendencias: sostenibilidade, ética e responsabilidade social empresarial

5.- Reconversión do sector retail: trazar un plan estratéxico para apoiar a transición

6.- Formación sectorial

Unha reunión moi positiva na que coñecemos que a primeira Asemblea da Confederación terá lugar en Galicia.

Con carácter previo a esta reunión, os membros da Confederación tamén foron recibidos virtualmente polo alcalde de Córdoba, José María Bellido, quen brindou o seu apoio á Confederación en todas as cuestións da súa competencia e manifestou o seu respaldo á xestión e traballo da mesma.

Un dos temas de importancia tratados nesta reunión foi o relativo ó estado no que se atopa o futuro Centro de Convencións e Exposicións do Parque Xoieiro de Córdoba que ten previsto inaugurar cun gran evento xoieiro.

 

O SEPE recoñece oficialmente á Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría. O Congreso Internacional de Xoiaría cada vez máis preto

Membros da Confederación Española de Xoiaría e Reloxaria tiveron onte un encontro con cargos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e a continuación coa Delegación do Goberno da Xunta de Andalucía en Córdoba.

Polo que respecta ó primeiro encontro, o SEPE recoñeceu oficialmente á Confederación como representante sectorial da xoiaría e reloxaría en España. Representantes da súa dirección xeral reuníronse onte virtualmente ca nova entidade asociativa que valorou de forma moi positiva a sintonía do SEPE, que se brindou a colaborar coa Confederación en todas aquelas cuestións que sexan da súa competencia.

Dende a Confederación trasladouse a necesidade do establecementos de medidas que vaian dirixidas ó mantemento do emprego, á consolidación dos postos de traballo e á creación de emprego cualificado acorde ás necesidades do secto.

Cunha especial incidencia en que o Centro de Referencia Nacional da Xoiaría (ubicado no Parque Xoieiro de Córdoba) sexa o instrumento que poida contribuir á recuperación do sector, ó mantemento do emprego e á formación cualificada dos traballadores que demanda o sector.

Polo que respecta á reunión virtual mantida coa Delegación do Goberno da Xunta de Andalucía en Córdoba, entre os asuntos tratados, a Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría transmitiulle o seu desexo de apostar decididamente por realizar o Congreso Internacional de Xoiaría e polo traballo coordinado.

Abriuse o encontro cunha explicación do obxectivo esencial da Confederación, o de aunar a xoieiros, prateiros, reloxeiros e empresas de actividades afíns do territorio nacional cunha aposta decidida pola promoción dos intereses profesionais e empresariais do sector. Na nota difundida pola mesma "elevar o nivel das súas actividade productivas e comerciais de forma sostible e equilibrada, permitindo o seu desenrolo empresarial e económico, e configurándoo como un dos sectores estratéxicos de España".

Os responsables administrativos manifestaron igualmente a súa sintonía ós asistentes con respecto as súas peticións, tratándose á súa vez a importancia da colaboración coa Escuela Escuela de Joyería de Córdoba como Centro de Referencia Nacional.

 

 

PROTOCOLO DE REAPERTURA DO COMERCIO RETALLISTA DE XOIERÍA E RELOXERÍA

 08/05/2020

 

 

O vindeiro luns 11 de maio está previsto o inicio da Fase 1 da “desescalada” que permitirá ó comercio retallista de xoiaría e reloxaría abrir ó público.

Todos os establecementos do sector están preparados para cumprir coas medidas de hixiene, protección e seguridade para salvagardar o benestar social e dos clientes.

No Protocolo de reapertura do comercio retallista de xoiaría e reloxaría, está toda a información sobre as medidas que se aplicarán.

 

 

Descargar protocolo

 

NACE A CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE XOIARÍA E RELOXARÍA

30/04/2020

 

 

O que comezou xestándose en 2020, antes do COVID-19, converteuse en realidade. A Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría inicia os seus primeiros pasos. Un novo modelo organizativo para "plantexarnos de forma conxunta, con unidade de acción. Xuntos!" os novos retos.

Nos últimos meses, no sector da xoiaría e reloxaría púxose de manifesto a necesidade de contar cunha representación a nivel nacional, unha voz única que defendera os nosos intereses, xerais e comúns, do sector empresarial do que formamos parte.

Entendeuse que era necesario contar cunha entidade asociativa que nos aglutinara a todos e actuara como interlocutor ante as Administracións Públicas e a sociedade e defendera a todo o sector, porque "só xuntos podemos tratar de que o Goberno, as Administracións e a sociedade escoite a nosa voz".

Por iso, dende Asturias, Córdoba, Madrid e Galicia impulsouse a constitución da Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría, entidade que xa está a día de hoxe oficialmente constituída e conta cunha gran acollida en toda España.

Nos vindeiros días poderedes coñecer información máis exhaustiva sobre a Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría, se ben a continuación facemos un pequeno resumo dos obxectivos ós que aspira:

- Representar e defender os intereses xerais e comúns de todos os empresarios do sector da xoiaría e reloxaría mediante unha voz única ante os poderes públicos, as distintas Administracións Públicas, as Centrais Sindicias e a sociedade no seu conxunto.

- Ser identificado como un colectivo solidario e comprometido coa economía de España

- Fomentar a competitividade das empresas a través de instrumentos esenciais como a internacionalización, a formación, a información e o asesoramento personalizado co obxectivo de consolidar a estructura empresarial e a posta en marcha de novas ideas de negocio

- Propiciar a necesaria colaboración empresarial e o impulso a novos proxectos empresariais

- Ofrecer servizos especializados a través das súas áreas técnicas: laboral, fiscal, financeira, tecnolóxica, innovación, calidade, medio ambiente, comunicación e imaxe, comercio exterior, etc.

- Establecer convenios de colaboración con entidades e empresas ó obxecto de ofrecer ós seus membros produtos e servizos en condicións competitivas.

 

 

 

 

A INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR NA COMPRAVENDA DE XOIAS

24/01/2020

 

 

 

 

O Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia e a Federación de Asociacións de Xoieiros de Galicia, ante as noticias aparecidas estes días en diversos medios, en relación coas actividades da empresa TOUS, e ante a lóxica preocupación dos consumidores e dos profesionais do sector quere deixar constancia de:

1.- Que nin a empresa Tous, nin a certificadora Applus (xestora dun Laboratorio en Cataluña) son membros das asociacións que integran a Federación Galega de Xoieiros, nin os seus profesionais constan como membros do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, descoñecendo esta Federación e o Colexio o contido das súas prácticas comerciais.

 2.- Todos os produtos de xoiaría elaborados con metais preciosos fabricados en Galicia e comercializados nas tendas asociadas á Federación Galega cumpren coas obrigacións legais de análises e contrastes.

3.- A técnica de electroformig é unha técnica residual e pouco utilizada en España para a fabricación de pezas de xoiaría, e, en todo caso, non é utilizada por ningún dos fabricantes galegos integrados no Colexio e Federación. No caso de que as pezas así fabricadas non se baleiren interiormente, unha vez finalizado o proceso de fabricación, haberán de comercializarse como metal chapado en platino, en ouro ou en prata e expoñerse ao público de forma separada das que foron elaboradas só con metais preciosos e están oportunamente contrastadas.

4.- Recomendamos e lembramos aos consumidores de xoiaría:

 -  Que acudan sempre a establecementos integrados na Federación e que entre o seu persoal conte con profesionais colexiados, pois iso comporta unha garantía de boas prácticas na súa actuación comercial

-  Que comproben que as pezas de xoiaría que adquiren dispoñen tanto do punzón de orixe como do punzón de garantía

-  Que esixan coa súa compra a oportuna factura onde conste a descrición da peza adquirida, o seu fabricante, os metais preciosos utilizados na súa elaboración e a súa lei.

 -  Que todas as pezas de xoiaría deberán de estar contrastadas e ser garantidas como mínimo por dous anos contra calquera defecto de fabricación, agás aquelas que dispoñen do selo de “Galicia Calidade” que cando menos garantiranse por tres anos.

 5.- Tanto o Colexio como a Federación, entenden que a transparencia e a información rigorosa ao consumidor son esenciais no comercio e están ao dispor de calquera consumidor para informarlle sobre os aspectos técnicos ou sobre os seus dereitos á hora adquirir obxectos fabricados con platino, ouro ou prata.

 

 Santiago de Compostela, a 24 de xaneiro de 2.020.

 

A Universidade de Santiago e Ourives de Compostela formalizan a súa fructífera colaboración

 

 

 

 

 

Asinaron no Pazo de San Xerome un Convenio que dá continuidade aos proxectos xa en marcha

 

 O Reitorado da Universidade de Santiago acolleu o xoves 16 de xaneiro a sinatura dun Protocolo de Colaboración entre a USC e a Asociación de Artesáns e Comerciantes “Ourives de Compostela”,  coa intervención do Reitor , D. Antonio López e do Presidente de Ourives, D. Arturo Ouro.

         Este convenio ven a consolidar o apoio que a Universidade leva brindado ao Plan Estratéxico dos Ourives desde antes incluso da súa presentación pública, e permitirá afondar nos beneficios para a cidade, para a institución académica e para o gremio prateiro e acibecheiro.

         Como medidas inmediatas, se prevé o deseño de varias liñas de investigación prioritarias, que permitan superar as carencias de documentación e coñecemento histórico e artístico que presenta a orfebrería compostelá, e deseñar o seu desenvolvemento. Deste xeito, o gremio completará unha sólida base na que asentar o seu futuro.

         Arturo Ouro agradeceu o apoio entusiasta do Reitor, así como o traballo e agarimo a prol deste convenio por parte da Vicerreitora de Cultura, Dna. Mar Lorenzo, tamén presente no acto. O Reitor destacou que a Universidade desexa relanzar o patrimonio cultural e económico da cidade, así como implicarse máis, se cabe, na súa sociedade, obxectivos aos responde á perfección a colaboración co sector ourive.

         No Pazo de San Xerome derónse cita, ademáis, os responsables da Área de Cultura da Universidade, así como asociados de Ourives que celebraron a continuación do acto protocolario unha xuntanza de traballo, así como una visita a pezas emblemáticas do patrimonio universitario en materia de orfebrería.

Nos vindeiros meses, daránse a coñecer diversas actuacións e programas ao abeiro deste imporante convenio. Cómpre resaltar que o apoio da Universidade foi a primeira pedra, sobre á que a asociación ourive quixo construir o seu ambicioso Plan Estratéxico, polo que o día de xoxe foi dunha especial satisfacción para o colectivo.

 

 

ENTREGA DE PREMIOS X CERTAME DESEÑA UNHA SOIA PARA A TUA NAI

03/05/2019

 

 

 

 

 

 

 

O venres 3 de maio tivo lugar a entrega dos premios da X edición do concurso Deseña unha xoia para a túa nai no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela. Fíxose entrega das 12 xoias aos gañadores, premiados entre os 80 finalistas. As xoias foron realizadas segundo os debuxos dos xóvenes deseñadores.

Lembramos que recibimos máis de 10.000 debuxos de nenos e nenas de toda Galicia, o que fixo moi difícil o labor do xurado que tivo que escoller só 80, 20 en cada categoría e logo 3 gañadores en cada categoría.

Premendo aquí, podedes acceder ao albume de fotos dos 12 deseños gañadores e das xoias realizadas polos nosos profesionais.

Premendo aquí, podedes accedes ao albume de fotos do acto de entrega de premios.

Neste acto de entrega non só levaron o seu agasallo os 12 gañadores, tamén había para os 80 finalistas unhas libretas personalizadas co seu deseño e nome, así como un diploma (tamén personalizado) de participación nesta X edicion do certame.

Premendo aquí, podedes acceder ao albume de fotos dos 80 deseños finalistas.

Para todos os nenos presentes tamén houbo lápices de cores para seguir debuxando e golosinas.

Parabéns a todos, ós 80 finalistas e ós 12 gañadores! Agardamos contar coa vosa participación o vindeiro ano.

 

PRETO DUN CENTENAR DE XOIEIROS E ESTUDANTES ASISTIRON AO II CONGRESO DA XOIARÍA GALEGA. O COMERCIO DE XOIARÍA TEN FUTURO

12/04/2019

 

 

 

 

 

O salón de actos do MUPEGA (Santiago de Compostela) acolleu o pasado sábado 6 de abril o II Congreso da Xoiaría Galega, organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría e a Federación Galega de Xoieiros coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O Congreso contou coa participación de preto dun centenar de congresistas e un panel de relatores e presentacións calificado de “alto nivel” polos asistentes, que se manifestaron moi satisfeitos coas conclusións extraídas de cada conferencia.

Trala inauguración da xornada a cargo de Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, e a benvida de Óscar Rodríguez Blanco, Presidente do COXGA e da Federación Galega de Xoieiros, arrancou o primeiro bloque do Congreso coas intervencións de Javier Rocamora García, consultor especialista en marketing online e comercio electrónico, Dª Carmen Herrarte Cajal, directora de T-ZIR, centro de innovación aplicada en retail e Víctor Magariño Peñalba, director do programa de transformación dixital de ESADE. Os tres puxeron de releve a repercusión das novas tecnoloxías no sector comercio e a importancia da dixitalización pero insistiron na necesidade dunha boa imaxe  dixital,  deixando claro que “se non se vai a ter unha imaxe dixital boa é mellor non tela” e tamén destacaron a importancia da “diferenciación” do produto en internet, o que, sinalaron, non resulta complicado para un sector que conta cun número considerable de fabricantes e artesáns.

Sen deixar de subscribir o anterior, Víctor Magariño desmontou algún mito dixital, como por exemplo que no comercio polo miúdo o importante é o e-commerce, cando realmente en España supón unicamente o 5% do total do comercio. E concluíu a súa intervención cunha visión disruptiva sobre fidelización e experiencia de compra no comercio polo miúdo, poñendo de manifesto que realmente o éxito do retail depende a inversión en persoas xa que a prioridade do cliente non é ser fidelizado senón a eficacia, conveniencia e empregados amigables e coñecedores do produto.

José Copa Pereiro, xerente da empresa de seguridade Protese, foi o encargado de abrir o segundo bloque da xornada cun relatorio no que recordou cales son as medidas de seguridade física obrigatorias para xoiarías e tamén aquelas medidas que serán obrigatorias a corto prazo. Foi especialmente interesante o contido do relatorio de Luis Hidalgo Gutiérrez, do Instituto Nacional de Ciberseguridade, centrada en sensibilizar e concienciar ós presentes sobre a importancia da seguridade no uso das novas tecnoloxías.

Conscientes de que o motor do comercio son as vendas, no bloque tres, José Manuel Laya Vía, Director Banca de Negocios ABANCA, Miguel Ángel Bermúdez Rivera, Xerente de Medios de Pago de ABANCA e Juan José González Serrano, Xerente de Intelixencia de Clientes e CRM de Abanca, abordaron o tema relativo ós medios de pago como un mecanismo para incrementar o número de ventas do comercio, facilitando a compra ó cliente. No mesmo senso, os representantes de ABANCA, presentaron “Alavuelta”, un servizo dixital de big data, venda online e marketing para comercios, que pretende apoiar ós comercios no proceso de xeración de negocio.

O broche final a este Congreso púxoo a intervención de Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, quen antes de clausurar o acto, expuxo as liñas de axuda ó comercio físico e electrónico que ten previstas convocar a Xunta a corto prazo e fixo referencia ás vantaxes que proporcionan as dúas marcas de referencia en Galicia, Artesanía de Galicia e Galicia Calidade.

 

 

 

II Congreso da Xoiaría Galega

   20/03/2019

 

 

 

 

 

 

 

Folla de inscrición aquí

Descargar programa II Congreso da Xoiaría Galega aquí

“ O Comercio de Xoiaría ten futuro”

 

Organizan:

    

Sábado 6 de abril de 2019

 Salón de Actos do MUPEGA (rúa San Lázaro, 105. 15707 Santiago de Compostela)

  

 9h45   Acreditación

 10h      Inauguración

 D. ÓSCAR RODRÍGUEZ BLANCO. PRESIDENTE DE COXGA

 

 Dª. SOL MARÍA VÁZQUEZ ABEAL. DIRECTORA XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

 10h30  Bloque I. Internet amigo ou inimigo

 

   - Proceso de dixitalización

    - E- Comercio

    - Comercio 4.0

    - A venda: vendedor dixital. Social Selling. Inboud Sales

 
 Relatores:

 D. JAVIER ROCAMORA GARCÍA, consultor especialista en marketing online e comercio electrónico. LAS 3 EN PUNTO

 11h30  Pausa café

 

 Dª. CARMEN HERRARTE CAJAL, directora de T-ZIR, centro de innovación aplicada en retail

 D. VÍCTOR MAGARIÑO PEÑALBA, director do programa de transformación dixital de ESADE

 

14h  Comida. Hotel Oca Puerta del Camino

 

16h  Bloque II. Seguridade

 

   - Seguridade física da tenda

    - Ciberseguridade

    - Contraste e garantía na venda de metais preciosos

    - Prevención de Branqueo de Capitais e Protección de Datos

 

Relatores:

 D. JOSÉ COPA PEREIRO, Xerente de PROTESE

 D. LUIS HIDALGO GUTIÉRREZ,  Instituto Nacional de Ciberseguridade – INCIBE.

 D. JOSÉ CARLOS GARCÍA CUMPLIDO, asesor xurídico de COXGA

 D. JOAQUÍN TEIJO VÁZQUEZ, delegado de CONVERSIA en Galica y D. CÉSAR MUÑIZ FABAL, Gerente de Convenios de CONVERSIA

 

17h45  Pausa

18h  Bloque III. Medios de Pago

 

   - O crédito ferramenta de venda

    - O crédito garantía de cobro

    - O crédito como forma de fidelización

    - Pago en man e a prazos (SafetyPay, Paypal, SEPA, tarxetas de débito e crédito, préstamos ó consumo preconcedidos e instantáneos)

 

Relatores:

 D. JOSÉ MANUEL LAYA VÍA, Director Banca de Negocios ABANCA

 D. MIGUEL ÁNGEL BERMÚDEZ RIVERA, Xerente Medios de Pago ABANCA

 D. JUAN JOSÉ GONZÁLEZ SERRANO, Xerente de Intelixencia de Clientes e CRM ABANCA

 

 

 

18h40  Bloque IV. A achega da Administración Pública

 

    - Artesanía de Galicia

    - Galicia Calidade

    - Igape

 

19h30  Clausura

 

 Descargar a folla de inscrición aquí.

 

Máis información: Coxga (info@coxga.es ou 981 598  858)

www.coxga.es e www.fgxoieiros.es

 

 

1

 

 

Organizan:

 

Contacto:

FEDERACIÓN GALEGA DE XOIEIROS, PLATEIROS E RELOXEIROS
LAVERDE RUIZ Nº 6  ENTREP.
15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA

 federacion@fgxoieiros.es

Teléfono: 981597567

¿Quere facerse socio?

Se quere formar parte desta Federación, contacte a través do formulario.

 

O noso horario de atención:

De 9:00-14,00 h.

 

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© FEDERACIÓN GALEGA DE XOIEIROS, PLATEIROS E RELOXEIROS